Velaquí unha nova xornada no marco da noso programa Hábitat Protexe, na que os máis pequenos poderán elaborar adornos de Nadal para decorar as casas con materiais propios da natureza. Faremos pequenas árbores con restos de poda e adornos para pendurar ou de sobremesa a base de bugallos, piñas, pólas e madeiras pintadas.
O obradoiro, aberto ao público infantil, terá lugar o venres 13 de decembro, de 17 a 19h no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-).
As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.
O obradoiro ten as seguintes cotas de inscrición:
- Socios/as do G.N. Hábitat:
- 1 neno/a + 1 adulto acompañante: 8 €.
- Por cada neno/a que se desexa engadir a maiores: 5 €.
- Non socios/as do G.N. Hábitat:
- 1 neno/a + 1 adulto acompañante: 12 €.
- Por cada neno/a que se desexa engadir a maiores: 8 €.
Este obradoiro de decoración de Nadal está dirixido a nenos/as, preferiblemente acompañados dun adulto. Así e todo, algúns dos pasos requiren de certa atención e habilidade, sendo os rapaces duns 6 anos en diante os que poderán levar a cabo as tarefas de xeito autónomo con máis facilidade (os máis novos precisarán seguramente da axuda dun adulto). Os materiais necesarios para o desenvolvemento do obradoiro serán postos a disposición polo G.N.Hábitat.
Unha vez feita a inscrición a través do formulario recibirás un email notificando a reserva da túa praza, acompañada das instrucións para realizar o abono da cota de inscrición. Posteriormente, cando teñamos comprobado o pago da actividade, recibirás novamente un email coa confirmación da praza.
Se desexas anotar a máis dun neno/a na actividade, deberás encher e enviar o formulario de inscrición tantas veces como nenos queiras anotar, indicando a mesma conta de email no proceso de inscrición.
Todo o recadado no marco das actividades Hábitat Protexe destinarase a actuacións de Custodia do Territorio e de Defensa Ambiental da nosa entidade. Con estas iniciativas queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos. Se quixeses aportar máis fondos a Hábitat Protexe, serán moi ben recibidos.
É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment