O vindeiro domingo, 17 de novembro, a Asociación Micolóxica Coruñesa, inaugura as súas novenas xornadas, coa xa tradicional gran exposición de cogomelos no Campo da Leña, de 11 a 15 horas. En anos anteriores, esta mostra reuniu máis de 160 especies de cogomelos existentes na provincia da Coruña, dende as máis exquisitas ata as máis mortíferas, pasando por cogomelos medicinais ou cogomelos moi rechamantes pola súa rareza, tamaño ou gran beleza.

Nos días seguintes, do 18 ao 22 de novembro do 2024, un grupo de micólogos expertos abordará diversos aspectos do mundo da micoloxía, dende unha charla de iniciación ata unha de etnomicoloxía, pasando tamén polo estudo de xéneros específicos ou dos seus hábitos alimentarios e ecoloxía. As charlas impartiranse de 20.30 a 22.00 horas na sede do Grupo Naturalista Hábitat.

Programa da 9ª Semana Micolóxica da Asociación Micolóxica Coruñesa

  • Domingo, 17 de novembro, de 10 a 15h. 

Gran exposición de cogomelos no Campo da Leña (A Coruña).

  • Luns, 18 de novembro, de 20:30 a 22h.

“Introducción ao mundo dos fungos”Charla a cargo de Fernando Ramos García, experto en educación ambiental e comunicación da natureza desde 1982. É membro do panel de expertos da UICN e do Grupo CEPA da Convención Ramsar, ademais de presidir a Asociación Micolóxica da Coruña. Destacou como director de programas en INECO e co-redactor do Plan Mundial de CEPA para Humidais Ramsar de 2002. Impartiu conferencias en catro continentes e formou guías para Parques Nacionais en España e outros países.

  • Martes, 19 de novembro, de 20:30 a 22h.

“O mundo das lepiotas”Charla a cargo de Borja Rodríguez de Francisco, doutor en Bioquímica pola Universidade da Sorbona e o Instituto Pasteur, onde obtivo unha bolsa Marie-Curie en 2019. Conta cun máster en Microbioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e é licenciado en Bioloxía con especialidade en Biotecnoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente traballa en FEUGA e, anteriormente, desenvolveu a súa carreira en centros como o CNB-CSIC, o Instituto Pasteur e outros centros de investigación en Madrid.

  • Mércores, 20 de novembro, de 20:30 a 22h.

“Cogomelos saprófitos”Charla a cargo de José Mª Traba Velay, doutorando en Biotecnoloxía avanzada na Universidade da Coruña, centrado no estudo de fungos macromicetes mediante técnicas moleculares. Presidente da Federación Galega de Micoloxía, é coautor de varias obras sobre cogomelos, como Cogomelos de Galicia e 500 Setas do Litoral Atlántico e Noroeste Peninsular. Colabora en revistas de micoloxía e participa como membro do comité científico de congresos e workshops internacionais. Destaca tamén como divulgador da micoloxía en Galicia e a Península Ibérica.

  • Xoves, 21 de novembro, de 20:30 a 22h.

“Etnomicoloxía no noroeste ibérico: Galicia e norte de Portugal”Charla a cargo de María Cabaleiro Alfaya, doutora en Bioloxía e investigadora en etnomicoloxía, cunha tese pioneira sobre o noroeste ibérico. Profesora de botánica e socia fundadora de MycoGalicia Plantae, destaca polo seu labor en educación ambiental e asesoría sobre produción de cogomelos e coutos micolóxicos. Colabora en investigación experimental en taxonomía e identificación de plantas, cogomelos e liques.

  • Venres, 22 de novembro, de 20:30 a 22h.

Cogomelos dunaresCharla a cargo de José Manuel Castro Marcote, licenciado en Ciencias Químicas e Farmacia, e diplomado en Óptica. Afeccionado á micoloxía desde pequeno, é socio fundador de AN-M Pan de Raposo. Autor da Guía dos Cogomelos Dunares e coautor de varias obras sobre cogomelos en Galicia, tamén colabora en diversas revistas de micoloxía..

 

As charlas son de balde e abertas ao público, terán lugar no local social do G.N.Hábitat. Para a asistencia e participación en calquera delas será imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas para a asistencia ás charlas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación establecido. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios:

  • Sobre a programa de actividades, temáticas e relatores ➡️ Asociación Micolóxica Coruñesa: 611 320 196 ou secretaria.micoloxicacoruna@gmail.com
  • Sobre o proceso de inscrición e prazas nas charlas ➡️ Grupo Naturalista Hábitat: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Achégate ao apaixonante mundo dos cogomelos!