O 20 e 21 de novembro do 2024 estaremos na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) nun curso sobre Intelixencia artificial aplicada á natureza impartida polos nosos compañeiros Cosme Damián Romay Cousido e Manuel Cernadas Villar.
Neste pequeno curso poderemos coñecer as novas ferramentes que xurden da intelixencia artificial para aprender do medio natural e tamén para aplicala á coñecida como “ciencia cidadá”, enfocada ao coñecemento e conservación da natureza.
Os obxectivos deste curso son:
- Achegarse aos fundamentos matemáticos e informáticos detrás da intelixencia artificial.
- Coñecer a utilidade da ciencia cidadá.
- Utilizar no campo distintas aplicacións (eBird, iNaturalist, Observation) que, coa axuda da intelixencia artificial, permiten obter datos fiables sobre especies no seu medio.
Programa do curso:
20 de novembro do 2024
17:00 – 17:15 INAUGURACIÓN.
Damián Romay – Director curso
María Jesús Lorenzo Modia – Directora sede UIMP Galicia
17:15-18:30 ESTUDOS NO MEDIO NATURAL E INTELIXENCIA ARTIFICIAL: BASES.
Damián Romay – Grupo naturalista Habitat
18:30 -19:30 ESTUDOS NO MEDIO NATURAL E INTELIXENCIA ARTIFICIAL: APLICACIONES.
Manuel Cernadas Villar – Grupo naturalista Habitat
21 de novembro do 2024
Sesión práctica ao redor torre Hércules/ Campo da rata.
16:00-18:30 UN PASEO INTELIXENTE POLA NATUREZA DA CORUÑA
Damián Romay e Manuel Cernadas Villar – Grupo naturalista Habitat
Dirixido ao público xeral. A entrada é libre, pero é preciso a inscrición previa na seguinte ligazón:
Preparados para aprender como sacarlle o maior partido á Intelixencia artificial para aprender e conservar o noso medio natural??

Leave A Comment