Seguindo coas actividades enmarcadas no proxectoVixías dos nosos ríos”, o xoves 17 de outubro levaremos a cabo un obradoiro práctico de avaliación do estado ecolóxico do rio Mera, ao seu paso polo concello de Ortigueira. 

O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria do CEIP de San Ramón, de Moeche, poderá avaliar o estado ecolóxico das augas superficiais e do bosque de ribeira deste rio. 

Para iso, terán que recoller e identificar os macroinvertebrados que viven no rio, medir diversos parámetros físicos e químicos nas augas, e por último examinar a calidade do bosque de ribeira. Con todos estes datos, poderán tomarlle o pulso ao rio Mera e poñerlle nota ao seu estado de conservación.

Esta actividade encádrase no programa de actividades de Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88