Unha nova actividade do proxectoVixías dos nosos ríos” levaranos ata o CPI O Cruce, de Cerceda, para impartir unha charla educativa sobre ecosistemas fluviais. 

Nela, o alumnado de 1º da ESO aprenderán os pasos a seguir nos obradoiros de campo para avaliar o estado ecolóxico dun rio, concretamente, do Anllóns. Estes inclúen medicións fisicoquímicas, a valoración dos índices de macroinvertebrados e a análise da calidade do bosque de ribeira. Tamén destacaremos a importancia dos ecosistemas fluviais e presentaremos algúns dos impactos que estes ecosistemas padecen. 

Esta actividade desenvólvese no marco de Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88