Este domingo, 20 de outubro, faremos un Obradoiro de Macroinvertebrados no río Gobia, no concello de Abegondo, co noso proxecto “Vixías dos nosos ríos”. Desfrutaremos dos valores naturais da contorna mentres aprendemos dos macroinvertebrados que empregamos para coñecer a calidade dun río.

O río Gobia é unha zona de gran relevancia para a biodiversidade local. Garantir o seu bo estado ambiental en todos os seus tramos é unha prioridade, xa que desta forma coidamos tanto do noso entorno como da saúde das persoas que viven preto das súas augas.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo, 20 de outubro do 2024, de 10:30h a 13:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88
Agardámoste!