No marco das actividades do proxecto “Vixías dos nosos ríos”, achegarémonos ao rio Sor para levar a cabo un obradoiro práctico de avaliación do seu estado ecolóxico ao seu paso polo concello de Mañón.
Será o martes 22 de outubro, da man do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP López Estrada, do Barqueiro. En primeiro lugar, terán que recoller e identificar os macroinvertebrados que viven no rio. Logo medirán diversos parámetros físicos e químicos nas augas, e por último avaliarán a calidade do bosque de ribeira. Con todos estes datos, poderán poñerlle unha nota ao estado de conservación do rio Sor.
Esta actividade desenvólvese no marco de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88

Leave A Comment