O vindeiro domingo 12 de xullo de 10 a 13 h terá lugar o derradeiro dos tres obradoiros organizados para dar a coñecer a biodiversidade da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nesta última xornada visitaremos o contorno do espazo natural do Monte Xalo, enmarcado entre os Concellos da Laracha, Cerceda, Culleredo e Carral. Ao longo da mañá, ademáis de poñer en valor as especies de flora e fauna presentes, afondaremos no coñecemento, estudo e protección da Saramaganta (Chioglossa lusitánica), declarada “Especie do ano 2015 na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

A asistencia, novamente, é de balde e está aberta a todo o público, mais recordade que as prazas son limitadas. Para apuntarse é preciso enviar un mail cos datos de contacto a info@marinasbetanzos.org ou chamar ao 981 669 541.

O punto de encontro será ás 10h no pequeno aparcadoiro situado ao pé da Igrexa de Santa María (Celas de Peiro. Culleredo). Ver mapa de localización. Prégase puntualidade aos participantes.

2017-05-19T09:01:54+00:007 Xullo 2015|0 Comments

Leave A Comment