O Grupo Naturalista Hábitat, co apoio da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, organiza un BioBlitz no monte de San Pedro (A Coruña) o vindeiro domingo 1 de abril.
Que é un BioBlitz?
É un estudo intensivo de campo durante un período curto de tempo, no que se explora bioloxicamente unha determinada área para rexistrar e identificar o maior número de especies posible.
Como participar?
Só tes que achegarte coa túa cámara dixital, escoller unha das áreas nas que dividimos o parque, e fotografar todos os seres vivos que vexas.
E despois?
- Identificaranse todas as especies fotografadas, ben no campo ou a posteriori.
- Crearase un catálogo virtual público na web www.gnhabitat.org
- Hábitat quedará cunha copia de todas as fotografías, pertencendo a cada autor os seus dereitos.
Horario de actividades:
10:15-11:15 Visita guiada polo G. N. Hábitat ao Monte de San Pedro.
11:30-14:00 BioBlitz (sesión de mañá)
16:00-19:30 BioBlitz (sesión de tarde)
O punto de partida e encontro é a entrada da Cúpula Atlántica do Monte de San Pedro (A Coruña).
Inscricións, dúbidas e comentarios: gnhabitat@yahoo.es / T: 981 135 014
Novas na prensa:
- El Monte San Pedro acoge este domingo un ´Bioblitz. La Opinión de A Coruña. 30/03/2012.
- El monte de San Pedro acoge la actividad “BioBlitz” para identificar especies autóctonas. El Ideal Gallego. 01/04/2012.
- El Ayuntamiento participa el domingo en un ‘BioBlitz’ en el monte de San Pedro. Coruña Online. 31/03/2012.
- Convocado este domingo un bioblitz no Monte San Pedro da Coruña para crear un catálogo virtual. Código Cero. 30/03/2012.

Leave A Comment