Continuamos ca XI promoción de Escola de Naturalistas. Este cuarto bloque estará dedicado á mastozooloxía, coa charla “Introdución á mastozooloxía” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no esquivo mundo dos mamíferos, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as especies mais representativas, coñeceremos os recursos necesarios para iniciarse neste eido e familiarizarémonos coas  técnicas de estudo e o recoñecemento de indicios no medio natural.

Este bloque de contidos virá impartido polos compañeir@s:

Andrés Pereira:

Biólogo e naturalista. Centrou as súas investigacións neste grupo faunístico analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e rata de auga –Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes del Duero, grazas ao cal adquiriu o Diploma de Estudos Avanzados e a súa Suficiencia Investigadora nos estudos de Doutorado.

Bibiana Lorenzo:

Vogal da Xunta Directiva de Hábitat. Licenciada en Bioloxía e actual coordinadora do Grupo de Traballo da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) en Hábitat.

Vémonos na Escola compañeiros!

Coa colaboración de