Continuamos ca X promoción de Escola de Naturalistas. Este noveno bloque estará adicado ao anelamento científico, e constará dunha sesión práctica no campo na que poderemos observar como traballan os compañeir@s do Grupo de anillamiento Phylloscopus.

Con eles afondaremos no coñecemento das aves da nosa contorna mediante esta técnica de estudo, a cal levan desenrolado dende hai varias décadas. Asistiremos a unha xornada de anelamento da man dos nosos compañeir@s, na que poderemos observar de preto o gran traballo que ano tras ano levan a cabo.

Vémonos na Escola compañeiros!