Continuamos ca X promoción de Escola de Naturalistas. Este séptimo bloque estará dedicado á flora, coa charla “Introdución á Botánica” e a súa correspondente saída de campo. Nel iniciarémonos no coñecemento florístico de espazos significativos, dende o punto de vista botánico, da nosa contorna.
Este bloque de contidos virá impartido polo compañeiro do G.N.Hábitat:
Manuel Pimentel:
Biólogo e profesor-doutor do departamento de botánica da Universidade da Coruña, onde imparte as materias de Criptogamia e Fanerogamia. Manuel é investigador en filoxenia e evolución de plantas vasculares, especializado en gramíneas e orquídeas.
Vémonos na Escola compañeiros!

Leave A Comment