Continuamos ca X promoción de Escola de Naturalistas. Este cuarto bloque estará dedicado á mastozooloxía, coa charla “Introdución á mastozooloxía” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no esquivo mundo dos mamíferos, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as especies mais representativas, coñeceremos os recursos necesarios para iniciarse neste eido e familiarizarémonos coas técnicas de estudo e o recoñecemento de indicios no medio natural.
Este bloque de contidos virá impartido polos compañeiros:
Andrés Pereira:
Biólogo e naturalista. Centrou as súas investigacións neste grupo faunístico analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e rata de auga –Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes del Duero, grazas ao cal adquiriu o Diploma de Estudos Avanzados e a súa Suficiencia Investigadora nos estudos de Doutorado.
Alfredo López:
Doutor en Bioloxía mariña, ilustrador científico e fundador da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), presidente entre os anos 1992-2011. Actualmente é bolseiro post-doutoral da Universidade de Aveiro-CESAM.
Vémonos na Escola compañeiros!

Leave A Comment