Continuamos ca VI promoción de Escola de Naturalistas. Este cuarto bloque estará adicado á Botánica, coa charla “Introdución á Botánica” e a súa correspondente saída de campo. Onde afondaremos no coñecemento da flora dos entornos máis significativos da nosa contorna.

Este bloque de contidos virá impartido por dous compañeiros do G.N.Hábitat:

Manuel Pimentel, Profesor de botánica da Universidade da Coruña.

Adán Gonçalves, Mestre de educación secundaria e Vogal de botánica do G.N. Hábitat.

Vémonos na Escola compañeiros!