O vindeiro luns compartiremos co alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco) un novo “Falando de natureza”. Nesta ocasión aproveitaremos para conversar cos máis novos sobre os valores naturais da coñecida como Braña Rubia ou Lagoa de Alcaián, un espazo que abrangue diversos hábitats naturais de interese comunitaria considerados prioritarios para a UE, e que acubilla poboacións de especies de flora ameazada.

Unha estupenda ocasión para a divulgación ambiental! 

Coñecer – Respectar – Conservar