Os voos das vacalouras, os cantos das avenoiteiras e as luces dos vagalumes son símbolos do noso verán, que fan que ano tras ano desexemos que cheguen os meses calorosos para volver a velas e escoitalas. Os vagalumes son uns animais que pasan moi desapercibidos e que moita xente non coñecen como son en realidade, pero sí que saben como é o brillo das femias nas noites de verán. Por iso queríamos traervos un “Falando de Natureza” para descubrir aos lucecús, baixo o título “Vagalumes, unos seres fascinantes”, da man de José Ramón Guzmán Álvarez, naturalista que investiga os vagalumes en horario basicamente nocturno (para axustarse ao destes insectos) e tamén través da web de ciencia ciudadá “¿Has visto una luciérnaga?” (www.gusanosdeluz.com), espazo para aumentar o coñecemento dos vagalumes de España.

O relatorio, de balde e aberto ao público, terá lugar o vindeiro xoves, 29 de xuño do 2023, ás 20h, nun formato exclusivamente online, polo que non será preciso inscrición. Poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través dos chats destas redes. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014