Continuando coas saídas aos ríos do proxecto Víxías dos nosos ríos, este venres pola tarde visitaremos o río Mero, no Concello de Cambre. Nesta xornada aproveitaremos para avaliar o estado de conservación do bosque de ribeira e atopar posibles ameazas. Estudaremos a biodiversidade e composición da contorna do río e xeorreferenciaremos manchas de especies exóticas invasoras que atopemos. Compre salientar a importancia do río Mero, que fornece de auga á cidade da Coruña, e polo tanto o seu bo estado ambiental é fundamental para garantir a calidade das augas e a saúde das miles de persoas que a beben. Durante a ruta recolleremos os residuos que nos atopemos no camiño.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o venres 13 de setembro do 2024, de 16:30h a 20:00h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!