![]() |
| Catro especies de papuxas da zona: papuxa das amoras Sylvia atricapilla, papuxa común Sylvia communis, papuxa cabecinegra Sylvia melanocephala e papuxa picafollas Sylvia borin. Foto: Damián Romay. |
O pasado 6 de setembro celebrouse en Distriz (Monforte de Lemos) o I Encontro de Aneladores “Chris Mead”, como conmemoración do 50 aniversario da visita realizada por este anelador da British Trust for Ornithology a esa localidade do 1 a 5 de setembro de 1965.
O evento foi organizado por Hábitat e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), e contou con 25 participantes dos grupos de anelamento Hércules e Píllara, así como aneladores independentes e afecionados á ornitoloxía.
Desplegáronse en total 108 metros de rede en varias ubicacións, que se mantiveron en activo durante 12 horas e recolleron 79 aves de 15 especies diferentes, que se detallan a continuación:
Como parte dos actos da xornada, léronse as palabras de agradecemento remitidas pola familia de Chris Mead, xa falecido:
Estas primeiras xornadas de anelamento tiveron boa cobertura por parte da prensa:
– En memoria do inglés que vixiou en Distriz o paso das aves migrantes (La Voz de Galicia 29-8-15)
– Medio século de avifauna en Monforte (La Voz de Galicia 4-9-15)
– Monforte convértese nun observatorio de ornitoloxía (La Voz de Galicia 7-9-15)
– Un radical cambio ambiental testemuñado polas aves en Distriz (La Voz de Galicia 8-9-15)
Chris Mead fixo unha segunda visita entre o 21 de agosto e o 23 de setembro de 1967, polo que está previsto repetir este evento dentro de dous anos.


Leave A Comment