O mércores 25 de setembro estaremos desenvolvendo actividades con escolares de Neda no marco do proxecto Vixías dos nosos ríos”.

Comezaremos a xornada no Colexio Público de Maciñeira, situado a carón do rio Belelle. Alí traballaremos co alumnado de diversos cursos de educación primaria analizando os invertebrados que viven no rio e a calidade das augas en base a parámetros fisicoquímicos.

Seguidamente, visitaremos a Escola Semente de Trasancos, para facer unha ruta interpretativa polo tramo de rio Belelle que teñen a carón da escola, e un obradoiro de identificación dos macroinvertebrados do rio, que valerá para coñcecer a calidade das súas augas.

Estas charlas encádranse no programa de actividades de Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88