Os valados de pedra secos son un xeito tradicional de delimitar parcelas, e forman parte imprescindible da paisaxe rural galega. Ademais, son refuxio de réptiles como a lagartixa galega e o lagarto das silvas, de moluscos como os ameazados caracol de Quimper e lesma manchada, entre moitos outros. Tamén teñen interese para varias especies de liques, brións e hepáticas, e mesmo para plantas vasculares como os fentos das paredes.

Por primeira vez o G.N.Hábitat deseña unha actividade centrada no patrimonio cultural, dentro das accións que a entidade está a desenvolver na lagoa de Alcaián (Coristanco) e na súa periferia.

Nesta ocasión dende o G.N.Hábitat deseñamos unha actividade que combina patrimonio natural e cultural, dentro das accións que estamos a desenvolver na lagoa de Alcaián (Coristanco) e na súa periferia. Una xornada única, que estará guiada da man do mestre canteiro guardés Xosé María Lomba, e da coordinadora de ADEGA-Lugo e co-autora do “Manual de recuperación de valados de pedra seca“, Lucía Anido.

Compre ter presente que a xornada suporá unha actividade física moderada, consistente na recolocación de pedras seguindo as indicacións e supervisión de Lucía e Xosé María, xunto aos compañeiros do G.N.Hábitat. Polo tanto, este obradoiro está especialmente dirixido a maiores de 14 anos.

A xornada se desenvolverá nun valado de pedra localizado na fronteira entre os concellos de Coristanco e Santa Comba, e terá lugar o vindeiro domingo, 9 de xullo, de 9:45 a 14:00h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

Tes ata o venres 7 de xullo, ás 22h, para inscribirte.

Custo da xornada:

  • Socios do G.N. Hábitat: 5€
  • Non Socios do G.N.Hábitat: 10€

Unha vez inscrito na actividade, no correo de reserva de praza que te enviaremos recibirás as instrucións necesarias para realizar o abono.

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!