O vindeiro martes 10 de xuño visitaremos a Escola de Bemantes para desenvolver un novo obradoiro ambiental centrado na iniciación á ornitoloxía para nenos e nenas de 3 a 8 anos. A actividade combinará unha pequena sesión na aula con materiais didácticos (plumas, sons, guías, etc.) e unha saída guiada polo entorno do colexio para observar e escoitar aves no seu hábitat. Unha forma amena e participativa de achegar o mundo das aves ás novas xeracións, da man de GNHabitat.

Leave A Comment