Mañá domingo 2 de abril os membros de Hábitat Carla, Daniel e Santiago achegaranse ao Concello da Capela a presentar o noso Proxecto Noucho, da man dos compañeiros da Asociación Cultura O Pértego.
A xornada contempla diferentes actividades no Forgoselo: roteiro, xantar e relatorios. Para asistir é imprescindible apuntarse chamando aos teléfonos de contacto facilitados polos compañeiros de O Pértego, que veredes reflectidos no cartel da xornada.
Dende aquí, agradecer aos compañeiros desta Asociación Cultural o seu interese e ofrecemento.
Anímate e segue o Noucho na súa viaxe por Galiza!

Leave A Comment