Este sábado, 28 de febreiro do 2026, de 10h a 14h, iremos ata a praia de Doniños (Ferrol) a retirar residuos, plásticos que chegan as nosas costas e que poñen en perigo a biodiversidade que habitat neste espazo natural protexido, da man de Afundación – Obra Social ABANCA baixo o Proxecto PlanctON (Plan de Conservación Territorial ON).

Os residuos, especialmente os plásticos que chegan ás nosas costas arrastrados polas correntes mariñas, constitúen unha das principais ameazas para a biodiversidade litoral. Estes materiais poden provocar enredos, inxestión accidental e degradación dos hábitats, afectando tanto á fauna mariña como ás aves e aos ecosistemas dunares. A súa retirada non só reduce o impacto ambiental inmediato, senón que contribúe á conservación a longo prazo destes espazos naturais protexidos e á sensibilización social sobre a problemática do lixo mariño.

A xornada é aberta ao público, así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través da páxina de Actúa Voluntariado de Afundación – Obra Social ABANCA:

Cada xesto conta, e a túa participación pode marcar a diferenza. Anímate a formar parte desta acción colectiva e contribúe activamente á protección das nosas costas. Xuntas e xuntos podemos transformar preocupación en acción e compromiso real co territorio.

Anímate e ven connosco!