O vindeiro domingo realizaremos unha ruta de 3 km polo río Xarío (Concello de Miño) para coñecer a biodiversidade do lugar, recoller o lixo que atopemos na contorna e avaliar outros impactos que sofre o espazo. Durante a ruta faremos unha valoración da calidade do bosque de ribeira e sinalaremos a presenza de especies exóticas invasoras.
Esta actividade enmarcase no proxecto “Vixías dos nosos ríos” que ten o obxectivo de poñer en valor e conservar os ecosistemas fluviais. Iniciativa levada a cabo polo Grupo Naturalista Hábitat, e que conta coa financiación de Augas de Galicia.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 25 de agosto do 2024, de 10:30h a 13:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment