A praia de Lago, acollerá unha nova xornada do programa PLANCTON de voluntariado ambiental organizada por Afundación (Obra Social ABANCA) coa colaboración do Grupo Naturalista Hábitat e do Concello de Xove. A actividade centrarase na retirada de residuos mariños e na extracción de especies exóticas invasoras, dúas accións necesarias que favorecen a conservación dos ecosistemas costeiros.
Durante a actividade retiraranse residuos acumulados no areal e nas dunas, onde a presenza de lixo mariño e microplásticos afecta de maneira significativa á biodiversidade costeira. Ademais, realizaranse accións de control da especie exótica invasora Carpobrotus edulis, presente en distintas zonas do sistema dunar.
A actividade será aberta ao público, terá lugar o sábado, 23 de maio de 2026, de 10:15h a 14:00h. Para a asistencia e participación é imprescindible a inscrición previa a través da seguinte ligazón:

Leave A Comment