Continuamos coa IX Promoción da Escola de Naturalistas unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo.
Nesta cuarta xornada viaxaremos ata o Estuario do Anllons, incluido na Zona de Especial Conservación (ZEC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Costa da morte, ao longo da xornada poderemos apreciar o traballo que leva a cabo un dos nosos grupos de anelamento, o “Grupo de anillamiento Hércules”, percorreremos ademáis diversos enclaves onde desfrutaremos dun entorno privilexiado para a observación de aves.
Ao longo dun día e acompañados de varios expertos naturalistas poremos en práctica conceptos teóricos e aplicacións prácticas que a través das súas experiencias persoais achegarán a cada un dos alumnos ao seu ámbito do naturalismo.
Ao longo destes meses tanto os alumnos coma os poñentes intercambiarán coñecementos, tempo e afeccións, polo que Escola de Naturalistas chega a ser todos os anos máis ca un curso de formación, máis ben unha boa razón para que un grupo de compañeiros se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.
Vémonos na Escola compañeiros!

Leave A Comment