Este fin de semana, 10 e 11 de xuño do 2023, participaremos no IV Bioblitz do Courel xunto coa Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel. Estes dous días xuntámonos tanto naturalistas profesionais como de afeccionados, asesorados por expertos de campo, para obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos deste territorio.
Para poder inscribirte podes facelo a través da web da Asociación Galega de Custodia do Territorio. As prazas son limitadas.
Máis información a través do correo e tfno:
Asociación galega de Custodia do Territorio: custodiadoterritorio@gmail.com

Leave A Comment