Este xoves, 25 de abril do 2024, ás 17h iremos ata a praia de Bens (A Coruña) a facer unha limpeza de residuos coa colaboración de K’Paparota teatro e Danthea, quenes empregarán parte dos restos atopados para as súas representacións teatrais.
A xornada, de balde e aberta ao público de calquera idade. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment