Este venres,  16 de maio, da man do alumnado e docentes do Centro Integrado de Formación Profesional (C.I.F.P.) Ánxel Casal-Monte Alto, retomamos a nosa iniciativa “Hábitat sen EEI” para continuar coas tarefas de retirada de especies exóticas invasoras. Nesta ocasión visitaremos a contorna do propio centro, situado a carón do Espazo Natural de Interese Local Torre de Hércules, para eliminar a herba do coitelo (Carpobrotus spp.) que alí se espalla, minimizando así a posibilidade de que estas parcelas supoñan novas vías de entrada desta problemática no espazo protexido, e favorecendo ao mesmo tempo a comunidade vexetal nativa. 

Grazas de novo pola vosa implicación, rapaces