Xa estamos listos para unha segunda acción de “Hábitat sen EEI. Espazos Naturais sen Especies Exóticas Invasoras”. Esta vez iremos ata a Praia da Abeleira en Ponte do Porco, Paderne. Nesta praia xa temos realizado multitude de accións de recollida de residuos e o ano pasado fixemos unha acción xunto Fragas do Mandeo de retirada da especie exótica invasora, Tradescantia fluminensis, co voluntariado corporativo de Afundación-Obra Social ABANCA.

Fragas do Mandeo xa ten feitas nesta praia sete xornadas de retirada desta planta exótica e dada a gran extensión que ocupa, precisase máis traballo de control para recuperar esta zona. Por este motivo, facéremos dúas xornadas de control da Tradescantia fluminensis:

            • Venres, 18 de setembro do 2020, de 17h a 20h.
            • Sábado, 19 de setembro do 2020, de 10:30h a 13:30h.

Para a participar é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!