Este domingo, 12 de abril do 2026, de 10 a 13h, realizaremos un Hábitat Protexe cunha andaina para observar aves nos arredores da vila de Betanzos. Visitaremos distintos ambientes urbanos e periurbanos, incluíndo as ribeiras dos ríos Mandeo e Mendo e a parte máis interna da ría de Betanzos.
Abordaremos a identificación de aves comúns, tanto terrestres como acuáticas, realizando recomendacións de óptica, cámaras fotográficas, guías e ferramentas tecnolóxicas.
A actividade terá unha cota de inscrición e o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos.
- Socios/as G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 5 €
- Maiores de 18 anos: 8 €
- Non socios/as G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 8 €
- Maiores de 18 anos: 15 €
Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment