Este domingo, 4 de maio do 2025, de 10 a 13 h, aproximarémonos ao apaixonante mundo da identificación das aves coñecidas xenericamente como limícolas, e que inclúe aos mazaricos, fuselos, píllaras, pilros e biluricos, entre outras. Para tal fin, achegarémonos á ría do Burgo, e con axuda de prismáticos e telescopios procederemos a identificar as especies alí presentes. As datas coinciden co “pico” da denominada pasaxe prenupcial, e existe a posibilidade de observar individuos coa súa plumaxe de cría completa.
Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa.
-
- Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
- Nenos (menores de 14 anos): 5 €
- Socios/as G.N. Hábitat:
-
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
- Nenos (menores de 14 anos): 8 €
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
As prazas son limitadas. Para poder participar, é obrigatorio realizar unha inscrición previa a través do formulario habilitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o número máximo de participantes permitido. Importante: cubrir o formulario non garante a praza ata recibir confirmación expresa por parte do Grupo Naturalista Hábitat.
Tes ata o sábado, 3 de maio ás 14 h, para inscribirte!!!
No correo de confirmación recibirás tamén as indicacións necesarias para efectuar o pagamento. Lembra que a inscrición e o abono anticipado son imprescindibles para poder asistir. Non se permitirá a participación de persoas que non estean debidamente inscritas ou que non formalizasen o pagamento dentro do prazo establecido.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante toda a actividade, e recibirán previamente as indicacións e recomendacións necesarias para desfrutala con seguridade e comodidade.
Solicitamos compromiso e responsabilidade coa asistencia. No caso de non poderes acudir unha vez confirmada a túa praza, agradécese que nos avises canto antes para que outra persoa poida aproveitar esa oportunidade.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco a aprender sobre as aves limícolas!

Leave A Comment