Os parques urbanos, fundamentais tanto para as persoas como para o medio natural, achegan múltiples beneficios: favorecen a saúde física e emocional, axudan a facer fronte aos efectos do cambio climático e xogan un papel clave na preservación da biodiversidade.
Seguimos avanzando no coñecemento e posta en valor dos espazos verdes públicos desta volta cunha visita naturalista ao Parque de Santa Margarida (A Coruña) o sábado, 27 de decembro, de 10.00 a 12.30 h. Percorreremos o parque para achegarnos á fauna e flora que alí viven, poñendo o foco nas medidas levadas a cabo para favorecer a biodiversidade, como a instalación de caixas niño para aves, refuxios para morcegos ou a creación de pías de madeira morta, elementos clave para numerosos organismos. Ademais, explicaranse os beneficios ambientais que estas actuacións achegan ao ecosistema urbano, contribuíndo á mellora da calidade ambiental, á conservación da natureza e ao benestar da cidadanía.
Esta actividade está enmarcada no programa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase e os fondos recadados destinaranse a accións de conservación ambiental a través da custodia do territorio.
A xornada, aberta ao público, terá un custo de 8 € e 5 € para as persoas adultas e menores de idade socias do Grupo Naturalista Hábitat, e de 10 € e 8 € para as que non o son. Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment