Hoxe, 21 de setembro, é o Día Internacional contra os Monocultivos de Árbores. Preocupados pola dimensión do problema do monocultivo de eucaliptos en Galicia e noutros lugares do norte da Península Ibérica, e conmemorando esta data, o Grupo Naturalista Hábitat elaborou un manifesto de dez puntos onde reclama que as árbores do xénero Eucalyptus sexan catalogados oficialmente como especies exóticas invasoras a nivel español. Apoian tamén o manifesto a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Federación Galega de Ecoloxistas en Acción, a Federación Ecoloxista Galega (FEG), o grupo local da Sociedad Española de Ornitología en Pontevedra (SEO/Pontevedra) e Brexa Custodia do Territorio.

Podes leer o manifesto completo premendo no seguinte botón: