O Grupo Naturalista Hábitat xunto con outras entidades, como Senda Nova, levamos desde o ano 2016 facendo o seguimento dos niños da Pillara das dunas (Charadrius alexandrinus) na praia de Razo-Baldaio en Carballo. Este traballo faise gracias as horas de voluntarios/as destas entidades que revisan a praia para saber como lle vai o ano reprodutivo a esta especie e dar os avisos a Conservación da Natureza para protexer os niños dos depredadores. 

Cantos máis ollos mellor será o seguimento desta especie, polo tanto queremos facer unha formación para as persoas que queiran colaborar neste seguimento. A formación será levada a cabo por Roberto Vidal, coordinador do Grupo de Traballo da Pillara das dunas do Grupo Naturalista Hábitat, quen nos contará todo o preciso para ser voluntario/a para a conservación desta especie en Galicia.

A xornada será este venres, 23 de febreiro do 2024, ás 20:30h no local social do G.N.Hábitat. Será de balde e aberta ao público. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!