Diapositiva 1

O vindeiro xoves 22 de decembro ás 20:30h, e como derradeira actividade deste ano 2016 cargado de iniciativas, celebraremos unha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas.

Nesta ocasión contaremos coa compañía do Dr. Pedro Galán, eminente herpetólogo galego e profesor de Zooloxía na Universidade da Coruña, quen virá a presentarnos o seu novo libro “Los anfibios y reptiles extinguidos. Herpetofauna desaparecida desde el año 1500“, obra na que ven de recoller máis de duascentas especies de anfibios e réptiles de todo o mundo xa extintas ou desaparecidas, xunto con outras curiosidades, redescubrimentos e datos de interese no eido da herpetoloxía.

A xornada é de balde e aberta ao público. Así todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Anímate e ven connosco!

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org