Botar a vista atrás e atender a nosa historia pode ser unha magnífica fonte de anécdotas relativas ao vínculo da sociedade coa natureza. Como exemplo, no século XVII celebrouse un xuízo contra os caldeiróns que rompían as redes dos pescadores asturianos, feito polo cal os animais resultaron condenados. Ten sentido levar a xuízo a un animal? Eran os pescadores da época unhas persoas crédulas, ou uns adiantados ao seu tempo?… Abordaremos este curioso capítulo na vinderia xornada da nosa iniciativa “Falando de natureza”, da man do compañeiro e Dr. Carlos Nores Quesada, zoólogo, profesor honorario do Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio (INDUROT) e Vicepresidente da Fundación Oso Pardo.
A charla, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro venres, 9 de febreiro, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Agradécese a asistencia do público no local, xa que teremos a sorte de contar connosco ao relator na xornada. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment