Que mellor xeito de comezar o 2026 que compartindo convosco a nosa paixón pola natureza! Por este motivo, convidámosvos a unha nova xornada para coñecer e descubrir os espazos verdes públicos. O obxectivo será realizar unha andaina ambiental cun itinerario que comezará cunha visita aos Xardíns de Méndez Núñez e a zona de libre acceso ao público do porto da Coruña (contorna do peirao Calvo Sotelo), para continuar pola marxe costeira (A Marina-Dársena-Parrote) ata chegar ao Castelo de San Antón. Un percorrido duns 3km, de baixa dificultade, no que agardamos ollar tanto á biodiversidade urbana como aquelas especies que se achegan á nosa costa.
A xornada, de balde e aberto ao público, terá lugar o domingo, 4 de xaneiro, ás 10h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment