O vindeiro xoves, 3 de novembro, realizaremos no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira) un roteiro de divulgación ambiental, organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña en colaboración co G.N.Hábitat, para dar a coñecer este espazo natural, a súa diversidade biolóxica, así como a rede de caixas niño e refuxios de fauna que acubilla.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 16 a 18h. Para a participación na actividade é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat, a través do correo electrónico achegado na inscrición.

A xornada establece un recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 2h (1c por cada 10h de participación en actividades da OMA).

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios: inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!