O sábado, 15 de agosto, de 21:30 a 00:30h achegarémonos ao Encoro de Abegondo-Cecebre para descubrir o fascinante mundo das avelaíñas, os polinizadores nocturnos que desenvolven a súa actividade cando cae a noite. Durante a actividade instalaremos unha trampa de luz para realizar unha mostraxe e coñecer de preto algunhas das especies que habitan nesta contorna.
A actividade enmárcase dentro do programa Coawa, unha iniciativa de Emalcsa que promove o coñecemento da auga, dos ecosistemas que dependen dela e da importancia de facer un uso responsable deste recurso fundamental para a vida. A través desta experiencia achegarémonos á biodiversidade nocturna do encoro e descubriremos a importancia das avelaíñas nos ecosistemas.
A actividade é gratuíta e aberta ao público, para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment