Conferencia “Busca linces y encontrarás meloncillos”_Encontros Naturalistas decembro 2015
Tal e como vimos de anunciar nos días anteriores, despediremos as actividades do 2015 cunha última e estupenda xornada dos nosos Encontros Naturalistas, da man dun vello amigo e experto biólogo, quen ano tras ano [...]
Mapa da diversidade biolóxica do Concello da Coruña
Dende o G.N.Hábitat comprácenos comunicarvos que a nosa entidade ven de ser escollida para a elaboración do Mapa da Diversidade Biolóxica do Concello da Coruña. Un proxecto co que se pretende ter unha "imaxe" detallada [...]
Asemblea Xeral de socios do G.N. Hábitat_decembro 2015
A Xunta Directiva do G.N.Hábitat comprácese en comunicar a celebración da Asemblea Xeral de socios da entidade, que terá lugar o vindeiro venres 18 de decembro de 2015 no noso local social. - Asemblea xeral [...]
Relatorio “Busca linces y encontrarás meloncillos”_29 de decembro ás 20h
Qué mellor xeito de pechar o 2015 que gozar dun novo relatorio da man de Carlos Nores, quen nesta ocasión nos virá a falar do coñecido como "furatoxos" (Herpestes ichneumon), e sobre o que ven [...]
Xornada sobre a Saramaganta (Chioglossa lusitanica) “Especie do ano 2015 na Reserva da Biosfera”
Como xa saberedes, a Saramaganta foi escollida "Especie do ano 2015 na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", co obxectivo de achegar á cidadanía o coñecemento desta especie, así como ampliar a [...]
Gañadores do III Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”: o encoro que nunca dorme
Velaquí tedes aos gañadores do III Certame de Debuxo da Natureza...NORABOA A TODOS! 2ª CATEGORÍA (14 anos ou máis) Os tres primeiros postos no certame recaeron sobre: Seguindo o especificado nas bases reguladoras, e tendo [...]
Participación nas VI Xornadas de Sustentabilidade na UDC
Mañá martes 1 de decembro Hábitat volverá participar un ano máis na Feira de Sustentabilidade da UDC, iniciativa organizada pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña da man de ADEGA, e na que [...]
Remate da III promoción de Escola de Naturalistas
Chega á última sesión da Escola de Naturalistas 2015!!, con dúas actividades moi especiais. A parte teórica será unha mesa redonda con reputados naturalistas galegos, que nos falarán das súas experiencias de campo, os seus [...]
Novo éxito de participación no III Certame de Debuxo da Natureza
Un ano máis, xentes de todas as idades (dende os máis pequenos de tan só 3 anos, ata maiores de 60) volvéronnos ensinar as súas enormes capacidades artísticas, demostrándonos novamente cómo o debuxo pode ser [...]
Lotería de Nadal 2015 xa á venda!
Xa están á venda as participacións para lotería de Nadal 2015 do Grupo Naturalista Hábitat. Seguimos apostando polos mesmos números dende 2013, un deles o ano de fundación do grupo. Para facerte con elas, contacta [...]
Un tigre de Bengala entre ferranchos no encoro da Fervenza
Os colectivos ADEGA, GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) e Hábitat solicitamos recentemente á Dirección Xeral de Conservación da Natureza información sobre a presenza dun exemplar de tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) nas [...]
Xornadas sobre biodiversidade na RB_MCeTM: A biodiversidade en espazos agrogandeiros
O G.N.Hábitat, da man da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (Xunta de Galicia), comprácese en [...]
Nova colaboración co Centro Xuvenil Abeiro
O vindeiro venres 16 de outubro colaboraremos nas "Tardes de lecer" organizadas polo Centro Xuvenil Abeiro, actividade dirixida aos rapaces integrados nesta fermosa iniciativa de carácter social. Na xornada aproveitaremos a ocasión para poñer en [...]
Presentación da “Especie do ano 2015 na RB_MCeTM” nos centros escolares
Nestes últimos días varios compañeiros de Hábitat, da man de técnicos da Reserva da Biosfera, vimos de presentar en diversos centros escolares a iniciativa "Especie do ano 2015 na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e [...]











