Estamos encantados de retomar a nosa iniciativa “Falando de Natureza” cun evento moi especial. Teremos a honra de recibir a José Antonio Fernández Bouzas, Director-Conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas.
José Antonio é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Xestión Medioambiental pola Universidade Politécnica de Madrid. Conta cunha ampla experiencia, traballando como consultor en proxectos ambientais e na Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, no Servizo de Conservación da Natureza, así como no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia desde o ano 2005, onde desempeña o cargo de Director-Conservador.
Na charla, José Antonio compartiranos os esforzos que se están realizando no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para erradicar o eucalipto nas Illas Cíes. O obxectivo deste proxecto é recuperar os hábitats autóctonos que mellor se adaptan ao terreo e ao ecosistema do parque. En lugar de simplemente cortar árbores, están restaurando os hábitats afectados por esta especie invasora.
As acacias e os eucaliptos son os principais problemas actuais nas Cíes e no resto do parque. Foron plantadas hai décadas, cando non había vexetación. Sen embargo, nos últimos anos, iniciouse un proceso de retirada destas especies para restaurar os ecosistemas insulares autóctonos. Ademais, a escaseza de auga tamén complica a situación, polo que a eliminación dos eucaliptos contribuirá á recuperación do entorno natural.
A charla, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro mércores, 14 de febreiro, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Agradécese a asistencia do público no local, xa que teremos a sorte de contar connosco ao relator na xornada. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment