Descobre os tesouros naturais que se agochan no teu propio barrio!

Este domingo, encherémonos de emoción ao acompañar aos veciños da Asociación de Veciños do Barrio dos Rosais nunha fascinante ruta pola súa contorna. Vari@s Compañeir@s do Grupo Naturalista Hábitat, estaremos guiando esta aventura onde exploraremos xuntos os valores naturais presentes neste barrio.

É sorprendente como, ás veces, pasamos por alto a beleza e a importancia da natureza que nos rodea no noso día a día. Esta ruta bríndanos a oportunidade perfecta para reconectar co noso entorno, admirar a biodiversidade local e aprender sobre a flora e fauna que habitan nos nosos propios veciñarios.

Desde pequenos recunchos verdes até sorprendentes ecosistemas urbanos, descubriremos xuntos como a natureza se manifesta en cada recuncho dos Rosais. Ademais, aproveitaremos para reflexionar sobre a importancia de conservar e fomentar estes espazos naturais dentro das nosas comunidades.