O vindeiro martes, 27 de febreiro, visitaremos a contorna do parque de Dorneda (Oleiros) da man dos alumnos do I.E.S Armando Cotarelo Valledor, para celebrar con eles unha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Unha estupenda ocasión que aproveitaremos para coñecer todos os segredos que agocha este espazo natural, que aposta pola conservación e o fomento da biodiversidade.

De seguro que será unha estupenda andaina!