Aínda coa emoción da pasada edición resoando na nosa lembranza, embarcámonos con renovadas ilusións na duodécima edición da Escola de Naturalistas. Esta iniciativa, que se converteu nun dos nosos pilares de formación ambiental, abre as súas portas de novo a un grupo de apaixonados pola natureza que compartirán experiencias e coñecementos durante un ano cheo de aprendizaxe e descubrimentos.
A Escola de Naturalistas non é só un curso, é unha aventura compartida. Ao longo do seu desenvolvemento, os participantes non só se sumerxirán nunha ampla gama de temas relacionados co naturalismo, dende a identificación de flora e fauna ata a ecoloxía e corservación dos nosos espazos naturais, senón que tamén terán a oportunidade de poñer en práctica o aprendido en saídas de campo apaixonantes.
Ao longo do ano tanto os alumnos coma os poñentes intercambiarán coñecementos, tempo e afeccións, polo que Escola de Naturalistas chega a ser todos os anos máis ca un curso de formación, senón unha boa razón para que un grupo de compañeiros se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.
Esta primeira sesión estará dedicada á o bloque de, “Introdución ao naturalismo“, da man da bióloga, naturalista e colaboradora habitual do G. N. Hábitat, Atocha Ramos.
Vémonos na Escola compañeiros!
Coa colaboración de


Leave A Comment