Este xoves, 6 de xullo do 2023, teremos unha nova visita dos nenos e nenas vinculados a Latento (expertos en Altas Capacidades), cos que levamos anos colaborando. Desta volta, e coa meteoroloxía da nosa parte, desenvolveremos unha xornada chea de actividades de campo, que incluirán dende unha andaina ambiental, ata a retirada de lixo e mesmo un obradoiro de ilustración da natureza. Unha escolma de iniciativas ambientais que agardamos permitan afianzar ás futuras xeracións de grandes naturalistas.

De seguro que o imos pasar moi ben! Xa temos ganas de vervos de novo, rapaces.