O 15 de xuño de 2023 cúmprense 75 anos da segunda visita, e a máis importante, do ornitólogo salmantino Francisco Bernis Madrazo (1916-2003) ás illas Sisargas, de onde obtivo a maior parte dos datos para definir a riqueza ornitolóxica do arquipélago. Con motivo deste fito, este sábado, 17 de xuño, de 9 a 14h, faremos unha expedición ás illas para percorrer a Sisarga Grande e caracterizar, 75 anos despois de Bernis, a súa riqueza ornitolóxica, da man de Cosme Damián Romay. Complementariamente, recolleranse datos doutra fauna e de flora. Sairase desde o porto de Malpica ás 9:00 h da mañá e estará de volta no porto ás 14:00 h. 

O custo por persoa será de (viaxe incluido):

  • Socios G.N. Hábitat: 25€
  • Non Socios G.N. Hábitat: 35€

As prazas son limitadas, soamente 8. Se chegamos á lista de espera poderemos facer unha quenda pola tarde (de 16 a 21h). Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

 

Tes ata o venres, 16 de xuño do 2023, ás 18h para inscribirte.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!