Rematamos as actividades da Semana Santa cunha actividade de O Veral en Lugo, o sábado, 8 de abril do 2023, de 11 a 17h. Este lugar é moi querido por nós, como moitos dos nosos espazos naturais, por iso queremos compartir con vós nunha xornada a súa biodiversidade cun Bioblitz, no que todas as persoas asistentes serán participes da procura de especies de flora e fauna neste espazo. Sacaremos fotografías, co móvil ou coa cámara de fotos e logo as subiremos a unha plataforma que é o inaturalist para ter rexistro desta actividade. Faremos unha pequena ruta de 3,5 km e de sinxela. Comeremos na Aula de Natureza de O Veral.
A xornada é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Cada participante deberá achegarse ao punto de desenvolvemento da actividade polos seus propios medios. Rógase puntualidade, para poder comezar a actividade en tempo co grupo completo. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment