Continuamos ca XI promoción de Escola de Naturalistas. Este cuarto bloque estará dedicado á mastozooloxía, coa charla “Introdución á mastozooloxía” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no esquivo mundo dos mamíferos, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as especies mais representativas, coñeceremos os recursos necesarios para iniciarse neste eido e familiarizarémonos coas técnicas de estudo e o recoñecemento de indicios no medio natural.
Este bloque de contidos virá impartido polos compañeir@s:
Andrés Pereira:
Biólogo e naturalista. Centrou as súas investigacións neste grupo faunístico analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e rata de auga –Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes del Duero, grazas ao cal adquiriu o Diploma de Estudos Avanzados e a súa Suficiencia Investigadora nos estudos de Doutorado.
Bibiana Lorenzo:
Vogal da Xunta Directiva de Hábitat. Licenciada en Bioloxía e actual coordinadora do Grupo de Traballo da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) en Hábitat.
Vémonos na Escola compañeiros!
Coa colaboración de


Leave A Comment