Mañá martes desenvolveremos unha xornada moi especial no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural, con diversos colectivos.

Desta volta sairemos ao campo acompañados, un ano máis, dos participantes do programa Teranga da Fundación Juan Soñador, que pretende a atención integral ás persoas migrantes, procurando favorecer a inserción sociolaboral dos participantes co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida, velando polos seus dereitos e deberes na sociedade de acollida, e sensibilizando na interculturalidade como modelo de cidadanía.

Integración e traballo en rede! De seguro que será unha fermosa maña, facendo a natureza o noso fogar.